O edificio do Tinglado do Porto de Vigo convértese no escenario perfecto para o Mercado de Segunda Man os días 21 e 22 de decembro. Un evento pensado pola Xunta de Galicia para fomentar o consumo sostible, a economía circular e o intercambio de obxectos entre particulares.
Este mercado, de balde para os expositores e aberto para toda a cidadanía, será o lugar ideal para atopar pezas únicas como roupa, libros ou artigos de decoración, ao tempo que lles damos un novo uso a obxectos que xa non se utilizan ou pasaron a un segundo plano.
Cubre o formulario que tes a continuación se queres participar como expositor.
Día (Elixe o día dispoñible no que queiras participar)
Que obxectos vas traer?
Comentarios:

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

 

- Esta iniciativa é só para particulares participando con artigos de segunda man

- A adxudicación de espazos será por rigorosa orde de recepción dos formularios

- O Tinglado de Vigo proporcionaralles un espazo duns 2x2 metros e o mobiliario necesario para expoñer os artigos que desexen poñer á venda , así como bolsas para os produtos que se vendan

- O horario de apertura ao público será de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h. Dispoñerase dunha hora antes para entrar e preparar o stand e, unha vez pechado ao público, poderán desmontar comodamente

- Se levan roupa deberán traer perchas para os colgadoiros que se lles facilitarán

- Entre o luns 16 e o martes 17 de decembro comunicarase a todos os rexistrados a adxudicación ou non dun espazo no evento

Para calquera consulta ou aclaración, o noso contacto é: contacto@otingladodevigo.gal